Cualifico a materia de Taller de Prensa cun 8.
Resoultou ser unha das miñas clases preferidas. Gustoume moito a parte da práctica, todo.
Redactar, realizar entrevistas, as reportaxes. O que non me gustou nada foi ter que maquetar, pero está claro que alguén o tería que facer, polo tanto tivemos que facelo todos, aínda que uns "pringaron" máis que outros.
O traballo que máis me gustou facer, e á vez o que menos, foi os que fixemos para a revista de fin de curso 010/011. Resultoume moi emocionante o feito de escribir algo e saber que todos os teus compañeiros o leerán y máis de un o mirará dentro duns anos e se acordará de ti polo feito de levar o teu nome na revista. A parte negativa de isto, como xa dixen foi maquetar. Outra cousa negativa ou que simplemente non me gusta non lle atopo á optativa de taller de prensa. Dende os primeiros días no taller xa comezamos a escribir as nosas noticias, a facer as nosas reportaxes, a maquetar... Do que realmente estou orgullosa e de todo o que aprendín aqui. A medida que iba corrixindo os meus traballos dábame de conta dos meus erros e de seguro que agora non voltaréi cometelos. Aquí quero resaltar a miña reportaxe sobre as drogas, que realicei xunto a Lui para o concurso do País. Deu moitísimo traballo e tamén nos divertemos moito facendo o cuestionario a todo o instituto. O resultado penso que foi moi positivo, estivo moi ben valorado por algún que outro profesor e por moita máis xente e isto encheume de orgullo.
Voltando outra vez a opinión sobre o taller de prensa, como pequena crítica diría que botei en falla facer moito máis traballo práctico. Aínda que moitos se queixen e posiblemente me maten ao ler isto. É a verdade. Ao principio de curso e no segundo trimestre tivemos moitos traballos para facer e a parte de aprender con eles divertíamonos moito. Sobre todo cando tíñamos a oportunidade de facelo en grupo. Tamén podíamos a ver sacado máis revistas ao longo de todo o curso, pero isto foi por culpa de todos. Que non nos demos presa e non chegou o tempo.
Para rematar quero recomendar esta optativa a todo aquel que lle guste o de escribir, indagar, entrevistar e todo iso que todos nos imaxinamos que se fai nun taller de prensa.
Que non o collades por que pensedes que é moito máis fácil que física o química e que outras moitas...
É como calquera outra e se o colledes que sexa porque vos gusta ou pola curiosidade de aprender sobre o tema, como fixen eu. A día de oxe, no fin do curso, Podo dicir que non me arrepinto para nada de ter escollido esta materia porque conseguín o que me propuña; saber máis sobre a prensa e facer algo de práctica. A parte paseimo moi ben nas clases e gustoume tanto que me quedei con ganas de traballar máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario