jueves, 26 de mayo de 2011

Eusebio Leal Fábregas, un mozo de Salceda de Caselas que con tan so 12 anos de idade resulta gañador do concurso ao mellor periodista xuvenil da Voz de Galicia. A súa entrevista protagonizouna Aid, unha rapeira de Vigo, coñecida en case todo Galicia e máis aló. Arrasou con máis de 4.600 traballos que se entregaron dende o resto de Galicia. 
Noraboa!!!
Máis información 


Aquí deixo a súa entrevista.



 ‘O RAP É O XEITO DE EXPRESAR O QUE ME QUEIMA POR DENTRO’

Aida Alonso Iglesias, estudante e rapeira.
Aid Alonso Iglesias (Aíd) é unha rapeira viguesa que sen ter a mayoría de idade xa escribía rap. A parte do rap tamén estuda na Universidade de Vigo e é locutora de radio en Radio Piratona. Gañou premios como:
2008- Gañadora do festival Heiniken Greenspace en Valencia.
2009- ‘Boogie Vigo’ é portada Itunes como single Latino de La Semana.
2009- Artista do mes en Ones To Watch.
2010- Gañadora de Marcate un Squares de Kellogs.
1- Como empezaches? Alá polo 2003 aos 13 anos houbo un boom mediático onde coñecín a cultura hip hop. Gustábame escribir poesía e pintar e encantoume o que vin nesa nova cultura.
2- Que ou quen te empuxou a compor cancións? Era un xeito de expresar o que me queimaba por dentro, e o segue sendo a día de hoxe, un xeito de contar a miña vida, as miñas preocupacións, nun folio, ou diante dun micro.
3- Una frase motivadora: O cravo que sobresae sempre recibe un martelazo, así que hai que saber recibir martielazos con naturalidade.
4- Que sentiches cando subiches a un escenario por primeira vez? Un pouco de medo e moitísima ilusión.
5- Gañaste a vida co RAP? Estou estudando, e coma sempre digo, non vivo da música pero morrería por ela!
6- RAP e HIP-HOP, cal é a diferenza? O hip hop é unha cultura que comprende varios elementos: grafiti, breakdance, djing e mcing. O rap é a parte musical do hip hop.
7- Sobre que temas prefires compor as cancións? Escribo o que me pasa pola cabeza, normalmente ou protesto por algo, ou falo das miñas inquedanzas, ou simplemente estou feliz e o canto.
8- Cal é o mellor consello que che deron? Mantén a cabeciña no seu sitio.
9- Cal é o teu soño? Poder chegar a compatibilizar a profesión que estudo coa música.
10- Que opinas dos que din que os rapeiros son agresivos? É a imaxe que cobre ao mundo do rap por culpa do descoñecemento social. O rap é un medio de expresión, onde cada compositor describe a súa vida. A día de hoxe o rap está desvinculado completamente dos barrios marxinais e calquera pode contar a súa vida, sexa unha vida de rúa ou sexa un neno dun barrio rico.
11- Cal foi o premio que máis te ilusionou gañar? O Heineken Greenspace en Valencia foi a lembranza máis crara que teño. Foron dous días incribeis e nunca o esquecerei.
12- Cal de tódalas cancións túas che gusta máis? Haha. Iso é dificil de contestar, non creo que teña criterio... quédome con ‘Boogie Vigo’ porque nomeo a miña cidade.



Lucía Leal Fábregas

No hay comentarios:

Publicar un comentario