jueves, 17 de marzo de 2011

“A primeira vez non me saí moi ben asique non me rendín e seguín practicando."



Quen dixo que alguén con só 14 anos non sería capaz de conseguir o que se propoña?
Mario Rodríguez Vaqueiro é o claro exemplo dun rapaz que acadou a meta do seu soño tendo somentes 14 anos… Este cativo ten como afección o “graffiti”, considerado unha arte urbá, que aínda que non apareza no diccionario todos temos 
claro en que consiste. 
Mario é de Salceda de Caselas (Pontevedra),un pequeno pobo no que pouco a pouco 
vai deixando as súas “pegadas” en paredes, muros, bancos, tellados…
Faise cada vez máis coñecido no seu pobo polos seus debuxos e firmas que se poden ver en calquer recuncho de Salceda.
A parte de desempeñala súa arte por lugares ilegais tamén o fai en sitios 
especiais para iso ou creados por ese motivo. Festivais de Hip-Hop, concursos...
Como moitos dos que nos quedamos mirando cada vez que vemos un “graffiti”, tivemos a curiosidade de saber cando, como e por qué comezara Mario a facer isto e en qué circunstancias.  Por iso,  achegámonos a él pidíndolle que nos respondera unhas 
preguntas.

-Como empezaches a interesarte por isto do graffiti?
-Desde pequeno gustoume o de dibuxar e un dia e un día déuseme por mercar un spray e facer un graffiti 
pero a primeira vez non me saí moi ben asique non me rendín e seguín practicando.
 
-Cando comezaches a pintar?
As miñas primeiras pintadas sobre paredes foron fai dous anos...
 
-Gústache máis pintar legal ou ilegalmente?
Gústame máis pintar legalmente pero cando o fago de forma ilegal sinto como unha satisfacción.
Como din... "é morbo".
 
-Os teus pais apóllante no que máis che gusta, pintar?
Un deles si, o outro non tanto. Desde que tiven un problema co concello porque me pillaron pintando polas
 rúas, xa non lle gusta o que fago.
 
-Que opinan os teus amigos/as?
Os meus amigos apóllanme, sempre están animándome e valorando tódolos meus debuxos.
Incluso algún que outro anímase tamén a pintar algo conmigo. (risas)
 
-Crees que dentro duns anos seguirás facéndolo?
Penso que si. Levo xa un par de anos e cada día gústame máis e a xente axúdame a motivarme máis.
 
-Cóntanos algunha anécdota, algún lio coa polocía, unha bronca...
Un venres no colexo os meus pais tiñan reunión co meu tutor e había dous policías na porta do instituto
 preguntándome polos meus pais.Cando eles sairon os policías foron falar con eles e estes convocáronlles
 unha cita co alcalde de Salceda para informarlle do que pasara.
Ao día seguinte os meus pais acudiron ao alcalde e resulta que era pola miña culpa... Pilláronme! Puxéronme tres denuncias por pintar en lugares públicos.O alcalde deulle aos meus pais un papel co que a mi me fixeron 
ir por Salceda borrando os graffitis
polos que me habían posto a denuncia. 
Que vergoña pasei!(risas)
-Por qué SOCA e non Mario, ou outro nome?
Sinceiramente, nin me acordo a que ven o mote de SOCA, simplemente non puxen Mario polo motivo
 evidente de que en Salceda non hai moitos
con ese nome e se miraban algunha pegada que o pusexe, de inmediato sabrían que fora eu.
 
-Persoalmente, ves ben o que fas?
Si, eu o vexo ven pero non me gusta que a xente sea tan estricta, penso que non estaría nada mal que deixaran un pouco máis de liberdade
aos graffitis, xa que para moitas persoas é unha forma de expresión como para outro o é o rap, a poesía...
 
-Que lle dirías a calquer mozo ou moza que esté pensado en comezar con isto?
Que se quere comezar e aprender que o faga nalgunha academia de graffiteiros que paga a pena.
Aos que vayan a aprender facéndoo de forma ilegal polas rúas solo lles dou un consello:
se vos pillan... correde! (risas)
 
 
 
Mario Rodriguez é o claro exemplo de un 
rapaz que comezou loitando por unha idea 
clara e loitou ata o final para conseguir alcanzar unha meta.

Agora disfruta tranquilamente co 
consentimento dos pais facendo o que a él máis lle gusta; "graffitear".
 
 
Lucía Leal Fábregas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario