jueves, 28 de abril de 2011

Carta á directora.

Quen nunca tivo que taparse o naris coas mans ao pasar polos baños do instituto?
Dende hai algo máis de dous anos os baños do noso instituto, o IES Pedras Rubias, desprenden un cheiro totalmente desagradable. 
O cheiro acorrala cada recuncho do centro provocando noxo e incluso nauseas.
Penso que a maioría dos alumnos resúltalle aterrador ter que tapar o naris cada vez que pasan por diante dun lavabo. Incluso hainos que van ao baño e prefiren aguantar coas ganas a ter que soportar o cheiro de cerca aínda que sexa por dous minutos.
Esixo un pouco máis de hixene por parte do servizo de limpeza e tamén un aviso a tódolos alumnos para coidar de forma individual o hixiene dos baños.
Se é preciso e posible, un ambientador en cada baño do centro. Tampouco estaría de máis.






Lucía Leal Fábregas.

3 comentarios: